Ata cando imos deixar que nos afoguen? Ata que
ninguén poida xa respirar? Ata cando imos deixar que nos anden a matar? Ata que
o último de nós estea morto?.
O lixo chegado
ata o congreso, non da man dun Kalashnicov, pero si dándolle golpe de graza ao
estado, ao pobo; con ruindade e desprezo estanos a apertar a garabata, estanos a matar o
espírito e estanos a matar á nosa xente.
Mais se cadra isto é o que queremos, nós, pobo
pobriño, que vivimos ás ordes dos tiranos, que non nos rebelamos... que aínda
sentindo a rabexa deixámonos avasalar.
NON, EU NON AFOGO! E vós tampouco , podemos derrocar ao tirano, podemos rachar a corda que nos
abafa, podémoslle arrebatar as armas coas que mata. Xuntos podemos
recuperara oque catro cochos nos arrebataron. Eu non teño medo.
Debemos ir por eles, debemos sacalos dalí. O poder é popular, o poder é do
pobo, que non se nos esqueza.
"A por ellos"-Skacha
http://www.youtube.com/watch?v=ylR3fbr6OdM
No hay comentarios:
Publicar un comentario