viernes, 8 de febrero de 2013

Eu son ti, e ti... es eu


Teño unha casa, teño a neveira chea, teño unha boa televisión e un ordenador con internet. Os meus fillos van á escola, e cando están doentes van ao médico. Eu traballo e vou tódalas mañás ó ximnasio.
O meu veciño vive dunha renda, a neveira case valeira, ten unha televisión pequena e un ordenador. Non ten internet, os fillos van á escola, non lles pode mercar os libros e no caso de caeren doentes, non poden ir ó médico. Está no paro e vai camiñando procurar traballo.
Meu pobre, antes vivía ben, tiña cartos, un bo emprego… e agora todo o que tiña aforrado está gastado, está ó borde do abismo, mais… que lle imos facer? Eu teño unha boa vida, e el… el arranxa como pode, eu non lle teño culpa das súas desgrazas… non? Ou se cadra si.
Se cadra eu puiden evitar que el caera en desgraza, e moi seguro el tamén a puido evitar. Tamén poderíamos ter evitado que outros caerán antes; non o fixemos. Vivíamos moi cómodos no noso pequeno mundo, rodeados das nosas cousas e sen preocuparnos de que outros puideran ficar sen nada.
Agora reflexiono, e penso que é o momento de loitar, de previr que máis persoas poidan acabar coma o meu veciño pola miña culpa, pola súa culpa, pola túa culpa…
É o momento de vernos como un todo, e non como unha parte, porque cando ti sofres, eu sufro. Porque cando ti te quedas sen dereitos, eu tamén. Deixemos o egoísmo noxento que nos está a lacrar nestes últimos anos, e vexámonos como iguales. Cambiemos o presente e o futuro e saiamos a loitar os uns polos outros. Ti es eu e eu son ti. Non será en balde, e sábelo.  
Xoguemos as nosas cartas e rematemos coa inxustiza que a cotío nos xungue. Conta comigo para a loita. 
Venceremos.

miércoles, 30 de enero de 2013

Eu non afogo


Ata cando imos deixar que nos afoguen? Ata que ninguén poida xa respirar? Ata cando imos deixar que nos anden a matar? Ata que o último de nós estea morto?.
O  lixo chegado ata o congreso, non da man dun Kalashnicov, pero si dándolle golpe de graza ao estado, ao pobo; con ruindade e desprezo estanos a apertar a garabata, estanos a matar o espírito e estanos a matar á nosa xente.
Mais se cadra isto é o que queremos, nós, pobo pobriño, que vivimos ás ordes dos tiranos, que non nos rebelamos... que aínda sentindo a rabexa deixámonos  avasalar.
NON, EU NON AFOGO! E vós tampouco , podemos derrocar ao tirano, podemos rachar a corda que nos abafa, podémoslle arrebatar as armas coas que mata. Xuntos podemos recuperara oque catro cochos nos arrebataron. Eu non teño medo. Debemos ir por eles, debemos sacalos dalí. O poder é popular, o poder é do pobo, que non se nos esqueza.

"A por ellos"-Skacha
http://www.youtube.com/watch?v=ylR3fbr6OdM

lunes, 27 de agosto de 2012

LOITEMOS

"Hai homes que loitan un día e son bos
hai outros que loitan  un ano e son mellores
están os que loitan moitos anos e son moi bos
pero hai homes que loitan toda a vida, eses son os imprescindibles"
                                                             Bertold Brech

Canto tempo xa fai que morreron eses homes e mulleres, compañeiros, compatriotas, descoñecidos, valentes, irmáns ó fin e ó cabo, que loitaron toda a vida por conseguir aquilo tan preciado, aquilo que desexamos máis que nada; cantiño loitaron pola simple idea da liberdade. 
Naceron presos e morreron libres, eu e meus irmáns grazas a eles nacimos libres mais se cadra, morreremos presos. LOITEMOS

http://www.youtube.com/watch?v=EBFZxhCjgyo
     "POR ENRIBA DE TODALAS FRONTEIRAS
      POR ENRIBA DE MUROS E VALADOS
      SE OS NOSOS BERROS SON IGOALES
      COMA UN IRMAO CHE FALO"
                                     Celso Emilio Ferreiro

viernes, 20 de abril de 2012

Eu quixera ser libre


Eu non vivo nunha nación libre, nin moito menos nun estado libre e se  falamos do mundo, sería irrisorio sentenciar que vivo nun mundo libre. Eu vivo nunha ditadura mundial gobernada polo capital.
Que dura esa palabra, verdade?, que dura esa sentencia, vivo nunha ditadura. Pois si, unha dura afirmación, pero non unha mentira. Na nosa ditadura planetaria estannos a privar de multitude de dereitos básicos, obrigándonos a seguir un determinado patrón de conduta, de mercado, de educación … Un sistema onde so teñen dereito uns poucos á sanidade, educación, a viaxar, a mercar unha vivenda... , aqueles que causaron está crise que nos abafa a todas horas, eses larpeiros, ladróns, que vergoña!.
Goberno, presidente, axúdenme, porque non me botan un unha man?. Seica non poden meter a eses tiranos no cárcere? Non o merecen? Son poderoso?. Seguro que si, tédeslles medo, ou e que estades compinchados con eles?, porque sabemos e sabedes que son os que mandan e todos estamos nas súas mans, facendo o que ordenan, así mentres se enriquecen de capital e de poder o pobo empobrécese no económico e de espírito.
Con todas estas razóns e as que me faltaran, non entendo coma nin eu nin a miña nación, o meu estado ou o meu mundo segue sen loitar, mirando cara outro lado mentres comezan a privarnos de dereitos, pois cando deixemos de mirar o que nos rodea e miremos cara adiante, será demasiado tarde, e non teremos xa dereito a loitar nin por un mundo, nin por un estado e nin por unha nación libres.

sábado, 10 de septiembre de 2011

INDIGNADOS

Se dice, se rumorea que un amplio sector de nuestra sociedad se ha indignado con nuestro sistema político y con los privilegios de ciertos sectores llenos de poder que manejan a los políticos y nuestras vidas.
Y...¿qué han conseguido estos indignados?, pues mucho más que si no se hubieran indignado, se han hecho oír  pero, no nos confundamos, solo eso, ya nadie se acuerda, todo se se fue apagando y ahora solo nos queda un vago recuerdo del sonidos de sus consignas.
¿Nos tenemos que conformar con esto?, ¿por qué no tomamos medidas?, ¿por qué no vamos a Madrid?,  al Parlamento, a la Moncloa, a donde haga falta, a mostrar nuestro descontento, y que se den cuenta de que somos nosotros quienes mandamos, que dejen de mangonearnos que tenemos voz y voto, que no somos autómatas.
Vayamos todos a Madrid, que hable el pueblo y que sea escuchado. Que se disuelva el parlamento, las cortes, el constitucional, la constitución... Debemos rehacer todo lo que sea injusto y formar realmente un estado del bienestar, un estado por y para el pueblo, sin desigualdades sociales, justo, laico, con libertad de culto, derecho y obligación a tener una vivienda digna... es tanto lo que debemos y tenemos que reclamar.
No nos dejemos estafar ni mangonear por esos ricos sin escrúpulos que gobiernan este país,cuya única meta en la vida en hacerse ellos más ricos y a nosotros más pobres. BASTA