viernes, 20 de abril de 2012

Eu quixera ser libre


Eu non vivo nunha nación libre, nin moito menos nun estado libre e se  falamos do mundo, sería irrisorio sentenciar que vivo nun mundo libre. Eu vivo nunha ditadura mundial gobernada polo capital.
Que dura esa palabra, verdade?, que dura esa sentencia, vivo nunha ditadura. Pois si, unha dura afirmación, pero non unha mentira. Na nosa ditadura planetaria estannos a privar de multitude de dereitos básicos, obrigándonos a seguir un determinado patrón de conduta, de mercado, de educación … Un sistema onde so teñen dereito uns poucos á sanidade, educación, a viaxar, a mercar unha vivenda... , aqueles que causaron está crise que nos abafa a todas horas, eses larpeiros, ladróns, que vergoña!.
Goberno, presidente, axúdenme, porque non me botan un unha man?. Seica non poden meter a eses tiranos no cárcere? Non o merecen? Son poderoso?. Seguro que si, tédeslles medo, ou e que estades compinchados con eles?, porque sabemos e sabedes que son os que mandan e todos estamos nas súas mans, facendo o que ordenan, así mentres se enriquecen de capital e de poder o pobo empobrécese no económico e de espírito.
Con todas estas razóns e as que me faltaran, non entendo coma nin eu nin a miña nación, o meu estado ou o meu mundo segue sen loitar, mirando cara outro lado mentres comezan a privarnos de dereitos, pois cando deixemos de mirar o que nos rodea e miremos cara adiante, será demasiado tarde, e non teremos xa dereito a loitar nin por un mundo, nin por un estado e nin por unha nación libres.